Thursday 02 de May de 2024

Visita de alumnos do colexio O Grupo á exposición “Elas” no Lustres Rivas de Riveira


Preto de 200 nenos e nenas do colexio O Grupo teñen pasado entre onte e hoxe polo Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira para contemplar a exposición “Elas”, ofrecida por Aurora Marco e 8 pintoras galegas como un alegato contra a violencia de xénero precisamente na semana na que se conmemora o seu día internacional (será o vindeiro venres día 25).

A mostra recibirá ademais nos vindeiros días outros dous grupos: mañá mércores 50 rapaces procedentes do IES Número 1 mañá mércore, e o xoves, outros 50 nenos, esta vez de 6º de Primaria do CEIP O Grupo.

“Elas” é unha iniciativa da asociación Barbantia e editorial A Xanela en colaboración co Concello de Riveira que xira en torno ao ambicioso e esmerado libro do mesmo título escrito por Aurora Marco en torno á biografía de 400 mulleres galegas (do que únicamente se editaron 155 exemplares, un deles a exposición no centro), así como as obras pictóricas que sobre o mundo feminino realizaron as seguintes creadoras: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

A exposición rematará o vindeiro sábado 26 de decembro incluído e que o horario de visitas é de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.